Saturday 20 de April de 2024

O Concello de Padrón leva a cabo no colexio de Queiruga o taller “Na mestura está a igualdade”, primeira actividade da campaña do 25N


A próxima terá lugar o 15 de outubro na unitaria da Ponte

O Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, vén de desenvolver hoxe no colexio de Queiruga (A Escravitude) unha actividade con motivo da conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Un obradoiro denominado “Na mestura está a igualdade” no que tomaron parte o alumnado de cuarto a sexto de educación infantil.

Os nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos, elaboraron unhas mans brancas con corazóns e conformaron un mural con mensaxes de igualdade, paz e amor. A concelleira de Igualdade e Muller, Lorena Couso, explica que “este obradoiro é a primeira das actividades que se poñen en marcha con motivo da campaña do 25 de novembro. A próxima terá lugar o 15 de outubro na unitaria da Ponte e a nosa intención é seguir facendo diferentes actividades durante todo o curso escolar, tratando de promover a igualdade entre os nosos nenos e nenas a través de actividades adaptadas aos distintos cursos escolares”.